Estatutos

ESTATUTO DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO LABOR

CAPÍTULO I

DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º.-

1.-Procédese a adapta-los estatutos da asociación denominada “ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO LABOR”, con nº de inscripción no Rexistro Provincial de Asociacións sen ánimo de lucro 823 e CIF G-36.735.587.

2.- A Asociación rexeráse polos devanditos Estatutos, pola Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións, e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.

Artigo 2º.-

O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Vigo, Avda. Camelias, nº 53, C.P. 36211, teléfono 986414529.

Artigo 3º.-

A Asociación, en función dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Vigo.

Artigo 4º.-

1.- A asociación constitúese por tempo indefinido, e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria, ou polas causas previstas na lexislación vixente.

2.- A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e do resto de ordenamento xurídico.

Artigo 5º.-

1.- Son fins principais da asociación:

a.- A estreita colaboración co Colexio en canto a educación e formación dos alumnos.

b.- Promover e estimular tódas as actividades o máximo posible.

c.- Creación dunha comunidade educativa entre Colexio, os alumnos e seus pais.

d.- A asociación non persigue ningún fin de carácter político.

e.- Os seus asociados non poderán utilizar os seus locais, bens, nin cargos para a práctica de fins distintos.

f.- A asociación considérase allea a toda responsabilidade que os asociados, como ciudadáns libres, poideran contraer.

2.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a asociación organizar as seguintes actividades:

a.- Excursións, festas tradicionais, ...

b.- Reunións periódicas cos responsables do Colexio e de asociados, e todas as que se consideren oportunas.

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II

DOS ASOCIADOS

Artigo 6º.-

1.- Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e as persoas xurídicas tralo acordo do seu órgano competente, que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos:

a.- Ser pai/nai ou titor legal de alumno.

2.- Poderán ser integrantes da asociación na súa sección infantil, os menores non emancipados de máis de 14 anos co consentimento, documentalmente acreditado, das persoas que deben suplir a súa capacidade.

3.- Os acordos de admisión de asociados tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 7º.-

Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:

a.- Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

b.- Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

c.- Honorarios, aquelas persoas que, a xuizo da Asamblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.

d.- Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na asociación, que estarán na sección infantil, no seu caso.

Artigo 8º.-

1.- A condición de asociado pérdese:

a.- Por vontade propia.

b.- Por falta de pago de 1 cuota.

c.- Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que perxudiquen gravemente os intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.

d.- Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

2.- A expulsión de asociados nos supostos dos apartados b e c do párrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdicción ordinaria.

Artigo 9º.-

Os asociados teñen os seguintes dereitos:

a.- Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos Estatutos.

b.- Ser informado da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, no seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

c.- Ser oído con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción.

d.- Impugna-los acordos dos órganos da asociación que estimen contrarios á lei ou ós estatutos.

Os asociados honorarios e infantis non intervirán na dirección da asociación nin nos órganos de representación dela, pero están facultados para asistir ás asambleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 10º.-

Son obrigas dos asociados:

a.- Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.

b.- Paga-las cuotas que se establezan.

c.- Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.

d.- Acatar e cumplir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.

e.- Acata-lo contido dos Estatutos.

f.- Ter unha conducta individual e cívica.

Artigo 11º.-

A dirección e administración da asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

Artigo 12º.-

1.- O Presidente da asociación será desigando pola Asemblea Xeral entre os asociados e durará dous años. Será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que o subtituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

2.- O Presidente terá as seguintes atribucións:

a.- Representar á asociación diante de calquera organismo público ou privado.

b.- Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva; presidir as sesións da Asamblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.

c.- Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

d.- Ordenar os pagamentos acordados validamente.

e.- Asinar as actas, certificados, pagos, e outros documentos da asociación, xunto co secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artigo 13º.-

1.- A Xunta Directiva estará formada polo Presidente da asociación, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoreiro e seis vocais.

2.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuita, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados os gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación.

3.- A Asemblea Xeral será competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de dous anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

4.- Os cargos cesarán na súa función por:

a.- Falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.

b.- Renuncia voluntaria.

c.- Transcurso do prazo para o que foron elixidos.

d.- Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por ¾ dos asociados reunidos en Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

A renuncia e o transcurso do prazo non da lugar ó cese automático, senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor.

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral.

En calquera caso, a Xunta Directiva deberá estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de Presidente, Secretario, e Tesoureiro.

Artigo 14º.-

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

a.- Programar e dirixir as actividades asociativas.

b.- Levar a xestión administrativa e económica da asociación.

c.- Someter a aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

d.- Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.

e.- Propoñer á Asamblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os asociados.

f.- Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.

g.- Ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.

h.- Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.

i.- Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

j.- Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.

k.- Aquelas que non veñan atribuidas expresamente a outro órgano da asociación.

Artigo 15º.-

1.- A Xunta Directiva será convocada polo Presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes.

2.- Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da mitade más un dos seus membros e, en todo caso, do Presidente ou Vicepresidente e o Secretario ou persoa que o sustitúa.

O Secretario ou, no seu defecto, o vocal que o sustitúa, levantarán acta das sesións, que se transcribirán ó libro de actas.

Artigo 16º.-

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte de ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes.

Artigo 17º.-

A Asemblea Xeral de Asociados é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da asamblea serán tamén o Presidente e Secretario da Xunta Directiva.

Artigo 18º.-

A Asemblea Xeral reuniráse con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que expoñan o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 19º.-

A Asemblea Xeral Ordinaria reuniráse necesariamente no período que vai desde o mes de setembro ata o de xuño. Tanto a Asemblea Ordinaria como a Extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo Presidente da Xunta Directiva.

Artigo 20º.-

Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria:

a.- Aprobar o plan de actividades.

b.- Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.

c.- Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

d.- Examen e aprobación das cuotas.

Artigo 21º.-

Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria:

a.- Modificar os estatutos da asociación.

b.- Elixir e cesar ós membros integrantes da Xunta Directiva.

c.- Aprobar a federación con outras asociacións.

d.- Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

e.- Acordar a disolución da asociación.

f.- Designar os liquidadores.

g.- Ratificar a expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva.

h.- Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.

i.- Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.

j.- As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar á súa convocatoria, sen grave prexuizo para a asociación.

k.- Tódas as competencias non conferidas expresamente á Asamblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva.

Artigo 22º.-

A Asemblea Xeral quedará validamente constituida sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria, ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes pero, en todo caso, coa presenza do Presidente ou Vicepresidente, e o Secretrario ou persoa que o substitúa.

Artigo 23º.- Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados 1 e 7 do artigo 21º, que esixirá, maioría de dous terzos. A continuación levaránse os acordos ó libro de actas e asinará o Presidente, o Secretario da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría dos presentes.

Artigo 24º.-

Os acordos adoptados conforme os preceptos anteriores obrigarán a tódolos asociados, incluso ós non asistentes.

As sesións abriránse cando así o determine o Presidente. Seguidamente se procederá por parte del Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobadas.

Posteriormente o Secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ó debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 25º.-

Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recurridos en reposición, quedará expidita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 26º.-

1.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle así mesmo notificar as convocatorias e custodiar as actas e expedir certificacións co visto e prace do Presidente.

2.- Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do Secretario, o Presidente designará entre os vocais a un que desenvolva esta función.

Artigo 27º.-

1.- O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

2.- O Tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche de exercicio orzamentario antes do 30 de xuño, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.

Artigo 28º.-

Os Vocais terán as seguintes atribucións:

a.- Realizar programas e propostas na súa área de actuación.

b.- Desempeñar os traballos que lles sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPÍTULO IV

RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 29º.-

A asociación dispón dun patrimonio de ….. euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 30º.-

A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferentes de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, co fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 31º.-

A asociación manteráse dos seguintes recursos:

a.- As cotas periódicas dos asociados.

b.- As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.

c.- As doazóns ou subencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

d.- Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.

e.- Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 32º.-

A Asemblea Xeral Ordinaria, á proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recaudado dedicaráse a atender as necesidades da asociación.

Artigo 33º.-

Anualmente, con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraránse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 34º.-

Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura do Presidente e do Tesoureiro.

Artigo 35º.-

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os asociados os recursos obtidos pola asociación.

CAPÍTULO V

DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 36º.-

O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamiento interno da asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

CAPÍTULO VI

MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 37º.-

Os presentes Estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asistentes. A Proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 38º.-

A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas 2/3 partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 39º.-

Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados liquidadores, que xunto ó Presidente e ó Tesoureiro, procederán a efecturar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos, e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 40º.-

O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma.

O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente, para proceder á inscripción da disolución da Asociación.

Dona .... , na súa calidade de Secretaria da Asociación de Nais e Pais do Colexio Labor, fai constar que os ditos Estatutos modificados en Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día 12 de maio de 2004 son para cumprir cos requisitos establecidos na disposición transitoria primeira da Lei Orgánica 17/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

12 de Maio de 2004